Programa de Acompañamento e Iniciación Clínica no Hospital Veterinario Universitario Rof Codina para estudantes

Ábrese a convocatoria para a realización de prácticas extra-académicas na sección de pequenos animais durante o período non lectivo do ano académico 2016/2017.

Dirixido a estudantes de primeiro, segundo e terceiro curso.

Horario de traballo: venres de 16:00 a 21:00 horas. Fins de semana e días non lectivos ou festivos de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Duración mínima: 3 días.
Duración máxima: 10 días.

Condicións: para o mellor aproveitamento os períodos de actividade deben incluír cando menos dous días consecutivos.

Prazas por día ofertado: dúas prazas, agás en período vacacional, que se estenderá a oferta a catro estudantes.

Actividades a realizar: Acompañamento de estudantes de cursos superiores eveterinarios do HVU-RC na clínica e hospitalización de pequenos animais.

Método de selección: Orden de inscrición.

Onde inscribirse: A lista para apuntarse estará a disposición de todos os interesados na recepción do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina a partir do mércores 14 de setembro de 2016 ás 17:00 horas.